viernes, 26 de junio de 2009

Viaxe en Mareas de tinta de Ana Pérez Cerviño

VIAXE EN MAREAS DE TINTA

de Ana Pérez Cerviño


Sinto que cruzaría sete mares a conciencia,
Con loucura, sen mesura, con paciencia,
Abanicos de cores acompáñanme somerxidos
Lucérnagas voadoras de mil luces,
Surcando o oleaxe que arrastran esta barca
Abnegada en vermellas mareas, tinta do meu corazón.


Son a navegante, en mareas vermellas de tinta…

Alcanzo as flores estreladas do infinito ceo,
Estatuas fermosas, etéreas, danzarinas,
E agárrome ás porcións da barca xeada,
E deslízame no aire...
Atravesando a oleaxe deste vermello mar...

Sinto que cruzaría sete mares a conciencia,
Con loucura, sen mesura, con paciencia,
Corrixiría as notas dunha melodía en branco,
Alivio de certeira compracencia,
Surcando as olas que mexen esta barca,
Ríos de tinta, benditas palabras...
Sacos de ouro e area de prata,
Somerxidos en...
Aires do Paraíso...
Mareas de tinta...
Retorno da dicha...
Encontros de gloria...

Cruzaría sete mares ó Edén...

(prohíbese a reproducción deste texto sen consentimento da autora)